pero vela alí tombada sen resistencia, tendida coa mesma beleza efémera que cando estaba boca abaixo, foi unha imaxe tan intensa que lle saltaron as lágrimas. As delgadas clavículas; os peitos que, ao estar tombada, semellaban os dun rapaz; as costelas marcadas; as coxas abertas sen sensualidade, e o rostro apracible coma un deserto, que lle daba aspecto de estar durmindo malia ter os ollos abertos. Un corpo do que se retirara todo o superfluo. Nunca vira un corpo que puidese dicir tanto de si mesmo.