Libros
Julian Barnes

O sentido dun final

Tony Webster e os seus amigos coñeceron no colexio a Adrian Finn e axiña quedaron cativados polo seu enxeño e a súa profundidade filosófica. Eran días nos que o tempo semellara detido e os inmobilizara nunha burbulla inflamada co seu desexo de acceder á vida adulta para gozala segundo os ditados da súa imaxinación, alimentada de soños e lecturas. A vida conduciunos por camiños tan diverxentes ata converter en imposible a promesa de amizade eterna que se fixeran ao saír do colexio. A Tony, a vida deulle unha existencia pacífica e convencional, na que as arelas aventureiras da xuventude deron paso á conformidade e un plácido retiro. Pero a chegada inesperada dunha carta obrigarao a revisar o seu pasado e cuestionarse se a versión que se contou a si mesmo durante tantos anos non é tan fiel aos feitos como el cría.
156 páginas impresas
Publicación original
2019
Año de publicación
2019
Traductor
Xesús Fraga
¿Ya lo leíste? ¿Qué te pareció?
👍👎
fb2epub
Arrastra y suelta tus archivos (no más de 5 por vez)