Libros
Afonso Eiré

A morte do meu pai

A morte do meu pai. Unha historia, un mar de sentimentos, un relato persoal que se fai, ao mesmo tempo, universal ao vernos reflectidos nos episodios, nas reflexións, nas arelas e nas angustias, medo e dor, pero tamén esperanza, calma e resignación… E retranca. E anacos de historia persoal que transcenden e se converten en leccións de vida que nos explican o pasado (a proclamación da República, a Guerra Civil como soldado e as relacións humanas).
Vida e morte mesturadas, collidas da man nun hospital.
Literatura con maiúsculas, con emocións que se engolen ou atragoan e verbas que chegan ao corazón como brasas quentes e atrapan os nosos pensamentos como meigallos. Os seus efectos non esmorecen cando remata a súa lectura. Calquera sopro pode avivecer as palabras. A morte de meu pai: un libro que as lectoras e lectores farán seu, como se fosen o narrador ou o protagonista.
156 páginas impresas
Publicación original
2023
Año de publicación
2023
¿Ya lo leíste? ¿Qué te pareció?
👍👎
fb2epub
Arrastra y suelta tus archivos (no más de 5 por vez)